A FEG
¿Quen é a FEG?
Lista de asociados
Historia da FEG
I Encontro Ecoloxista

  Temas
Atmósfera
Biodiversidade e Espazos Naturais
Ecoloxía e Sustentabilidade
Enerxía
Medio Fluvial
Medio Mariño
Montes e Agricultura
Planificación Territorial e Transporte
Resíduos
Xeral

  Artigos e Reportaxes

Campañas

  Boletíns


 Denuncia: A APDR alerta sobre a intención do PP de consolidar ENCE en Lourizán

Atmósfera
A media mañá de onte venres, saían á luz pública unhas declaracións do Secretario Xeral do PsdeG-PSOE, Pachi Vázquez, nas que afirmaba que a Xunta de Galicia tiña concedido a autorización a ENCE para instalar unha central de biomasa no recinto fabril de Lourizán por un período de 30 anos. Estas declaracións, que colleron por sorpresa a todos os representantes políticos da capital, foron matizadas unhas horas despois pola propia Xunta de Galicia, que negaba a existencia de tal concesión por máis que admitía que o proxecto de central de biomasa presentado por ENCE para Lourizán tiña sido admitido a trámite, polo que, evidentemente, non se pode descartar que esa concesión chegue a ser realidade nalgún momento.


(Ler máis... | 2153 bytes máis | Puntuación 0)

 Denuncia: Gas Natural deixa ''en pelotas'' a área recreatva de A Veronza en Ribadavia

Medio Fluvial
Gas Natural (Fenosa) ven de perpetrar unha poda de árbores na área recreativa de A Veronza que non deixa indiferente a ninguén, ó mal gusto dende a perspectiva estética cabe sinalar o nulo respeto que amosa tanto polo medio natural como polos veciños da comarca. Unha situación que non poderiamos catalogar de anormal dentro do funcionamento da empresa, a ninguén sorprendemos se dicimos que os terratenientes do século XXI nunca foron precisamente meticulosos en cuestión decorativa, o cabledado que padecemos sobor as nosas cabezas non é un canto a beleza que digamos, centos de kilómetros por onde descurren centos de millóns de euros con total impunidade sen orixe nen dirección aparente. Agardar, polo tanto, un mínimo de sensibilidade á hora de levar a cabo traballos como o referenciado non entra no sentido nen orientación da multinacional, acostumada a actuar con absoluto despotismo alí onde os requerimentos dos seus intereses se fan latentes.


(Ler máis... | 1785 bytes máis | Puntuación 0)

 Denuncia: alegacións ó “Proxecto de trazado do desdobramento do corredor CG-4.1 do Morrazo”.

Planificación Territorial e Transporte
*Luita Verde* e a *FEG (Federación Ecoloxista Galega)*, onde está integrada Luita Verde máis outros dezasete colectivos galegos presentaron o pasado venres 7 de maio alegacións ó “Proxecto de trazado do desdobramento do corredor CG-4.1 do Morrazo”.


 *Alegaron* que* *o proxecto incumpre a Lei 10/1995, de 23 de novembro, de ordenación del territorio de Galicia, a Lei 9/2006 de 28 de abril, sobre avaliación dos efectos de determinados plans e programas no medio ambiente, o Real Decreto Lexislativo 1/2008, de 11 de xaneiro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Avaliación de Impacto Ambiental de proxectos aplicación vixente actualmente en España da Directiva Europea 85/337/CEE, e o Real Decreto 1997/1995, de 7 de decembro, coincidente coa Directiva Europea sobre o hábitat.



(Ler máis... | 10077 bytes máis | Puntuación 0)

 Denuncia: O uso de herbicidas nas estradas increméntase coa crise

Montes e Agricultura
O uso masivo de herbicidas para "limpar" as beiras das estradas increméntase coa crise. Desta volta, na N-550 entre Compostela e A Coruña vertéronse toneladas de herbicidas. A vexetación aparece sospeitosamente seca á beira da estrada e mesmo nos viais de servizo a carón de casas e leiras. Estas práticas, anque legais, comportan serios riscos para a saúde dos ecosistemas e non eliminan o risco de lumes: increméntano pola cantidade de mato seco que fica nas cunetas. Ademais, a chuvia arrastra os químicos que contaminan a terra e os acuíferos e penetrando nas cadeas tróficas. Curiosamente, numerosas matas da herba da Pampa (Cortaderia selloana) e outras invasoras moi dificiles de erradicar, sobreviven ao fumigado. No ano da biodiversidade, ADEGA recomenda substituir o uso de biocidas para o control da vexetación por rozas mecánicas selectivas, que ademais respecten as frondosas autóctonas, verdadeiros cortalumes naturais.



(Ler máis... | 3218 bytes máis | Puntuación 0)

 Denuncia: A Consellería de Industria fechada ao diálogo

Atmósfera
Desde a organización ecoloxista Verdegaia vimos de reiterar por cuarta vez á consellaría da Industria termos a posibilidade de expor nunha reunión a nosa preocupación polas políticas contaminantes e perigosas de fornecimento do gas natural en Galiza.  

Estase deixando que as operadoras aforren os investimentos na construción da rede de gasodutos do país, que está sendo substituida polas chamadas Plantas Satélite Regaseificadoras (PSR) de ultrabaixo custe. 



(Ler máis... | 3316 bytes máis | Puntuación 0)

 Denuncia: Demarcación de costas ameaza os valores naturais das Brañas de Laiño en rede natura 2000

Biodiversidade e Espazos Naturais
Verdegaia solicita a anulación do estudo de impacto ambiental publicado pola Demarcación de Costas de Galiza para as súas obras previstas nas Brañas de Laíño.
 


(Ler máis... | 8007 bytes máis | Puntuación 0)

 Denuncia: FEG solicita a paralización da certificación forestal de NORFOR

Montes e Agricultura
BUREAU VERITAS E NORFOR, UNHA NOVA FRAUDE NA CERTIFICACIÓN FORESTAL

Bureau Veritas, empresa adicada á certificación, vai conceder a NORFOR o certificado de xestión forestal sostible baixo os criterios da organización internacional Forest Stewardship Council (FSC), un sistema de certificación que gozou de gran recoñecemento e que foi apoiado polo movemento ecoloxista pero que na actualidade está a caer no desprestixio como consecuencia dunha desastrosa xestión que permite a certificación fraudulenta de empresas moi afastadas da xestión forestal sostible como NORFOR
 


(Ler máis... | 5907 bytes máis | Puntuación 0)

 Denuncia: ''Actuacións medioambientais'' no LIC Ulla-Deza: 2,1 millóns de € en aterros, pa

Biodiversidade e Espazos Naturais
ADEGA vén de apresentar alegacións a outro proxecto de Costas nun espazo protexido. Nas brañas de Dodro, dentro do LIC Sistema Fluvial Ulla-Deza, o estado pretende construir unha praia fluvial con paseos pavimentados, aparcadoiros e demáis elementos do mobiliario urbano, todo isto camuflado como "actuacións medioambientais". Máis de 2 millóns de € dos cais, para a conservación dos hábitats e as especies en perigo de extinción presentes na área adícanse... CERO. É outro exemplo máis do desbaldimento de cartos en proxectos agresivos promovidos polo Ministerio de Medio e Medio na costa, como a "rexeneración" das praias de Corcubión e Riazor-Orzán, ou a rocambolesca "millora ambiental" de Doniños. Baixa as   Alegacións COSTAS DODRO (170 KB)
 


(Ler máis... | 4675 bytes máis | Puntuación 0)

 Denuncia: A INCINERACIÓN NON É A SOLUCIÓN AO PROBLEMA DO LIXO

Resíduos
01/03/10. Ante as declaracións do presidente de SOGAMA sobre os planos de incineración e o seu rexeite pola reciclaxe e a compostaxe, Amigos da Terra e a FEG queremos aclarar os seguintes puntos:
  AMIGOS DA TERRA



(Ler máis... | 2630 bytes máis | Puntuación 0)

 Denuncia: Ampliación da Rede Natura: primeiro, canteiras e minas e despois xa veremos

Biodiversidade e Espazos Naturais
26/2/2010. Nas últimas semanas estamos asistindo a unha auténtica de peticións para autorizar canteiras e explotacións mineiras en espazos de interese natural que, malia a estar fóra das zonas protexidas, afectan ás áreas de ampliación da Rede Natura 2000 propostas pola Xunta en 2008. A anterior administración, recollendo as demandas do ecoloxismo galego, presentou unha proposta de ampliación que anque eivada, pretendía situar a Galiza (18%) máis perto da media do estado en superficie protexida (22%), abandonando o "furgón de cola" dos territorios con menos Rede Natura (actualmente o 12%). No Ano Internacional da Biodiversidade, as posibilidades de acadar unha Rede Natura digna para Galiza, que esté á altura da nosa riqueza natural, esváense poco a pouco con estes proxectos. O último, a canteira "Cloe" no Alto Tea, ao SW da Serra do Suido.
 


(Ler máis... | 3651 bytes máis | Puntuación 0)

  Axenda
Non hai Eventos hoxe
Xullo 2010
  1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31

  Acceso
Nome

Contrasinal


  Novas anteriores
20/02/2010
· O CES considera a obra da depuradora da lanzada un impacto para a duna
18/02/2010
· ''Rexeneración'' de Riazor, Orzán e San Amaro: desbaldimento de cartos e agresión ao ecosistema
11/02/2010
· A FEG presente ao Fiscal, denuncia pola Parcelaria de Vilatuxe (Lalín)
04/02/2010
· Unha canteira en Carnota, visíbel en quilómetros arredor, afectará ao patrimonio natural e cultural
· AS OBRAS DA REANUDADA CONCENTRACIÓN PARCELARIA DE VILATUXE AFECTAN Á REDE NATURA
01/02/2010
· A APDR PREOCUPALLE A CONSTRUCCIÓN DUN PASEO MARÍTIMO NO ESPAZO UMIA-GROVE
· PLADEVER E A FEG ESIXEN A RESTAURACIÓN DO DANO FEITO POLA CENTRAL DA RAMALLAL
· De ''campionatos'' de caza de raposos e batidas de lobos
19/01/2010
· ASCEL e VERDEGAIA denuncian que a Federación galega de caza busca desesperadamente crear conflitividade social para cazar lobos inxustificadamente
18/01/2010
· VERDEGAIA denuncia o escaso seguimento da comercialización dos productos fitosanitarios

Arquivo de Noticias


                  
PHP-Nuke Copyright © 2005 by Francisco Burzi. This is free software, and you may redistribute it under the GPL. PHP-Nuke comes with absolutely no warranty, for details, see the license.
Page Generation: 0.12 Seconds
Páxina web subvencionada pola