A FEG
¿Quen é a FEG?
Lista de asociados
Historia da FEG
I Encontro Ecoloxista

  Temas
Atmósfera
Biodiversidade e Espazos Naturais
Ecoloxía e Sustentabilidade
Enerxía
Medio Fluvial
Medio Mariño
Montes e Agricultura
Planificación Territorial e Transporte
Resíduos
Xeral

  Artigos e Reportaxes

Campañas

  Boletíns


 Novas de prensa: Propostas para unha xestión preventiva e sostíbel dos Resíduos Sólidos Urbanos

Resíduos
A FEG e Amigos da Terra presentaron hoxe o informe “Propostas para unha xestión preventiva e sostíbel dos residuos sólidos urbanos en Galicia”

Este informe xurde co obxectivo de ofrecer a este novo goberno unha serie de propostas concretas e imprescindíbeis para implantar unha axeitada xestión dos residuos sólidos urbanos no noso país.

Ante as recentes declaracións do conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández, de afrontar o incremento no volume de residuos galegos a través do aumento da incineración e da reciclaxe, a FEG e Amigos da Terra manifestan a súa preocupación e alertan de que estas políticas afondan nos erros do pasado. Por este motivo, presentouse este informe de propostas que se entregarán posteriormente á Consellería de Medio Ambiente, co obxectivo de que sexan tidas en conta e incorporadas ás políticas galegas de xestión dos residuos.


Neste informe desenvólvense achegas e propostas para un modelo sostíbel da xestión dos residuos no noso país. Estas propostas, que o goberno galego debería considerar para a
elaboración do novo plan de residuos, están centradas en 5 puntos básicos:

- Participación real e efectiva da cidadanía
- Apoio da Redución e Reutilización
- Novo esquema de recollida selectiva
- Tratamento da materia orgánica
- Descentralización



  


 
  Acceso
Nome

Contrasinal


  Ligazóns relacionadas
· Máis acerca de Resíduos


Noticia máis lída sobre Resíduos:
ADEGA denuncia ante o SEPRONA a queima de residuos urbanos na cementeira de Oural


  Opcións

 Versión para imprimir Versión para imprimir


Temas relacionados

Resíduos


                  
PHP-Nuke Copyright © 2005 by Francisco Burzi. This is free software, and you may redistribute it under the GPL. PHP-Nuke comes with absolutely no warranty, for details, see the license.
Page Generation: 0.04 Seconds
Páxina web subvencionada pola