A FEG
¿Quen é a FEG?
Lista de asociados
Historia da FEG
I Encontro Ecoloxista

  Temas
Atmósfera
Biodiversidade e Espazos Naturais
Ecoloxía e Sustentabilidade
Enerxía
Medio Fluvial
Medio Mariño
Montes e Agricultura
Planificación Territorial e Transporte
Resíduos
Xeral

  Artigos e Reportaxes

Campañas

  Boletíns


 Denuncia: A FEG reitera a súa petición de suspensión da concesión eólica e de dimisión do Conselleiro de industria

Enerxía
A FEG considera moi graves as declaracións de Fernando Blanco nas que afirma que fixeron a concesión eólica sen ter en conta a nova ampliación da Rede Natura 2000 e os proxectos de ampliación dos novos parques naturais. Amais é propio de políticas reaccionarias axitar a pantasma da enerxía nuclear para xustificar o novo paquete de megavatios sen ningún tipo de criterio de planificación e ordenación territorial


Tamén queremos lembrarlle ao señor Quintana que o seu partido cando estaba na oposición aproveitou e apoiou as críticas do movemento ecoloxista galego ao plano sectorial eólico do PP, que agora eles (sen aprobar outro novo) retomaron dende a Consellaría de Industria para a concesión de 2325MW

Antes que a tramitación dos novos parques eólicos deben ser cumpridas as seguintes Directivas e Leis:

•    Directiva hábitats (Directiva 92/43 CEE de Conservación dos hábitats naturais e da fauna e flora silvestres).
•    Directiva aves (Directiva 79/409 CEE relativa á conservación das aves silvestres).
•    Lei 42/2007, do 13 de decembro, do Patrimonio Natural e da Biodiversidade,
•    Decreto 88/2007 do 19 de abril, polo que se regula o Catálogo galego de especies ameazadas.
•    Lei 7/2008, do 7 de xullo, de protección da paisaxe de Galicia.

Tódalas citadas directivas e leis serán de imposible cumprimento de non se suspender o reparto eólico. Cómpre mencionar ademais, que de acordo co Decreto 88/2007, a Consellería de Medio Ambiente está  a elaborar os plans de conservación de determinadas especies ameazadas (Aguia real, Tartaraña, Gatafornela, Morcegos, etc.) que serán completamente inútiles con semellante desenvolvemento eólico.

A FEG lamenta así mesmo que a produción enerxética se faga sen se acompañar de políticas sustentábeis de aforro e eficiencia, é dicir como unha simple mercadoría máis rexida soamente pola lei da oferta e da demanda.

A FEG vese obrigada a reiterar unha vez máis o seu apoio á produción de enerxía por medios renovables pero garantindo outros aspectos do medio ambiente galego, sendo ademais prioritario o aforro e a eficacia na política enerxética.


 
  Acceso
Nome

Contrasinal


  Ligazóns relacionadas
· Máis acerca de Enerxía


Noticia máis lída sobre Enerxía:
A Central de ciclo combinado, supón un risco para a poboación


  Opcións

 Versión para imprimir Versión para imprimir


Temas relacionados

Biodiversidade e Espazos NaturaisEcoloxía e SustentabilidadePlanificación Territorial e Transporte


                  
PHP-Nuke Copyright © 2005 by Francisco Burzi. This is free software, and you may redistribute it under the GPL. PHP-Nuke comes with absolutely no warranty, for details, see the license.
Page Generation: 0.04 Seconds
Páxina web subvencionada pola