A FEG
¿Quen é a FEG?
Lista de asociados
Historia da FEG
I Encontro Ecoloxista

  Temas
Atmósfera
Biodiversidade e Espazos Naturais
Ecoloxía e Sustentabilidade
Enerxía
Medio Fluvial
Medio Mariño
Montes e Agricultura
Planificación Territorial e Transporte
Resíduos
Xeral

  Artigos e Reportaxes

Campañas

  Boletíns


 Informes: A FEG, valora o ano 2008 no eido ambiental: “o medio ambiente un mero adorno literario"

Xeral
Aos nosos políticos non lles interesa o medio ambiente

Este final de ano, coincide cun remate de lexislatura na política galega, polo que non é doado facer unha valoración do ano sen a facer de toda a lexislatura. Logo de catro anos de goberno “progresista” as cuestións ambientais continúan sendo un tema accesorio, lonxe da xestión transversal que desexariamos.


Se ben no último ano celebramos diversas novas e anuncios positivos cara o medio ambiente (creación dun ente xestor de tren de curta e media distancia, declaración de Paisaxes Protexidas no val do río Navea ou os Penedos de Traba e Pasarela, declaración da ZEPA da Pena Trevinca) podemos dicir que a principal nota positiva do ano 2008, no que ao ambiente se refire, foi a ausencia de grandes catástrofes ambientais (vaga de incendios, mareas negras...).

 

Aínda estando ausentes estas grandes catástrofes ambientais, de grande atracción mediática, o ano 2008 supuxo unha nova vaga de agresións cara o medio ambiente galego. Diversos Plans de ordenación, como o Plan de Estradas ou os plans Acuícola e o de Portos Deportivos e construcións e concesións de novas infraestruturas (como os novos parques eólicos), lonxe de ser ferramentas que vertebren o territorio, avancen cara a sustentabilidade e delimiten as zonas susceptíbeis de transformación humana, afondan na destrución do territorio e deixan en papel mollado outras iniciativas positivas: de pouco vai valer o Plan de Ordenación Integral do Litoral, cando xa están aprobados o Plan de Acuicultura ou o de Portos deportivos; o mesmo no caso do tan publicitado Plan Galego de Acción contra o Cambio Climático, que fica aplastado pola realidade do Plan de Estradas (624 Km máis de autovías e un novo pulo do automóbil) ou o AVE (destrutor do tren de cercanías e despilfarrador de grande cantidade de enerxía).

 

Tamén botamos en falla a creación dos Parques naturais de Ancares, Macizo Central e o Courel amais da prometida ampliación da Rede Natura 2000, da que Galicia segue a ser o pechacancelas.


É preciso facer PAÍS destruíndo o país?

 

Na FEG pensamos que non pero somos escépticos para a próxima lexislatura pois os tres partidos que aspiran a facer goberno xa demostraron o seu nulo interese polo medio ambiente.


A Nova Lexislación

 

Durante este ano, veuse de renomear a lexislación en novos aspectos ambientais como poden ser os Residuos, a Paisaxe ou as actividades Molestas Insalubres Nocivas e Perigosas. Este feito que o podemos enmarcar coma un feito destacable e positivo, e así o entendemos, vemos con moitas dúbidas a súa aplicación

 

Galicia é un pais con moita lexislación ambiental pero que ninguén respecta e a Administracións son que de facela cumprir pois son os primeiros en incumprila.

 

Novos ESPAZOS Protexidos

Celebramos a proposta de creación de dous novos espazos protexidos como son o Val do río Navea e os Penedos de Traba e Pasarela coa figura máis debil dentro da protección ambiental (PAISAXE PROTEXIDA) e unha nova Zona de Especial Protección para as Aves; Pena Trevinca. Atrás queda a ZEPA da Limia, unha obriga da Unión Europea pero que a Administración galega non ten interese ningún presentando unha proposta ridícula e asegurando que vaise declarar, pero non se vai protexer (ninguén se entende pero é o proposto polo Conselleiro Sr. Vázquez. Tamén quedou polo camiño o Parque Natural de os Ancares e o Caurel/Courel

 

Proposto queda para o pequeno ano político do 2009 a declaración destes parques e doutros dous máis (Pena Trevinca e Macizo Central), coma a ampliación.dos de Corrubedo-Son e Xurés (este último por intereses económicos duns concellos, algún deles coñecidos polo pouco respecto polo Patrimonio Ambiental e Cultural). Na práctica, dubidamos destas Declaracións, polo corto ano político e polo pouco avanzado que teñen os procesos.

 

Caso do P.N. Corrubedo Son, que nace ferido e mutilado polas nunca demostradas plantas acuícolas ECOLÓXICAS, Peña Trevinca éo Macizo Central ameazada polas eólicas, Courel pola Minería e Ancares polos encoros. Por desgraza non hai conciencia política para defender o medio ambiente.

 

Tamén queda pendente a Ampliación da Rede natura, pois antes houbo que aprobar os plans acuícolas, os novos parques eólicos, Plan de Portos, estradas … e os que quedan, e despois coas migas  ampliarase a Rede Natura

 

As infraestruturas ameazan estes espazos

Pero o que está xa Protexido, está realmente? NON.

 

A Rede Natura é o obxectivo de especulación. Proposta de novos encoros, novas eólicas, ou novas Estradas de alta capacidade, minas e canteiras polos nosos espazos protexidos (Pena Trevinca, Parque Natural de Encina da Lastra, Serra de Careón, Ulla, Terra cha, etc..). Pero outras políticas coma as agrícolas ou forestais, están destruíndo de forma silenciosa outros puntos naturais galegos. Concentracións Parcelarias,, os Bancos de Terras, programas de regadío puxeron e poñen en ameaza espazos e especies ameazadas.

 

Augas

Estase a mellorar a rede de Depuradoras (actividade que se leva a maioría dos orzamentos medioambientais), queda por saber a súa efectividade. Tamén lle queda a dúbida a Federación se é por convencemento das nosas Administracións, ou porque segue vixente a millonaria multa de Europa polo caso da ría de Vigo. Lembremos que foi denunciada en Europa a mala situación das augas da ría de Vigo e que a multa imposta está parada segundo a evolución para corrixir este problema, pero peor é a situación da ría de Ferrol, Coruña, Corcubión Arousa ou Pontevedra, polo que a espada de Damocles segue aí.

 

Pero este ano foi o ano dos problemas de contaminación a raíz de obras próximas aos nosos ríos. Estas infraestruturas están baixo unha Declaración de Impacto Ambiental, norma de obrigado cumprimento, pero que ninguén as fai cumprir. Casos como os do Carballiño, Eume, Umia, Ulla, etc…. Non son accidentes, son incumprimentos das DIA.



 
  Acceso
Nome

Contrasinal


  Ligazóns relacionadas
· Máis acerca de Xeral


Noticia máis lída sobre Xeral:
Galicia non se vende pide a dimisión do Conselleiro de Medio Ambiente


  Opcións

 Versión para imprimir Versión para imprimir


Temas relacionados

Biodiversidade e Espazos NaturaisEcoloxía e SustentabilidadeEnerxíaMedio FluvialMedio MariñoMontes e AgriculturaPlanificación Territorial e TransporteResíduos


                  
PHP-Nuke Copyright © 2005 by Francisco Burzi. This is free software, and you may redistribute it under the GPL. PHP-Nuke comes with absolutely no warranty, for details, see the license.
Page Generation: 0.05 Seconds
Páxina web subvencionada pola