A FEG
¿Quen é a FEG?
Lista de asociados
Historia da FEG
I Encontro Ecoloxista

  Temas
Atmósfera
Biodiversidade e Espazos Naturais
Ecoloxía e Sustentabilidade
Enerxía
Medio Fluvial
Medio Mariño
Montes e Agricultura
Planificación Territorial e Transporte
Resíduos
Xeral

  Artigos e Reportaxes

Campañas

  Boletíns


 Denuncia: Medio Ambiente fomenta con cartos públicos un ecoloxismo á medida dos seus intereses

Xeral
Denunciamos a interesada e fraudulenta concesión de axudas públicas a asociacións "monicreque". ADEGA e APDR (membros da FEG) así como a CEMMA (7 colectivos) e ERVA, queremos amosar publicamente o noso malestar coa Consellaría de Medio Ambiente, e a preocupación pola política de intento de control que o conselleiro Manuel Vázquez pretende levar a cabo co movimento ecoloxista galego, nomeadamente através da política de subvencións.  Datos SUBVENCIÓNS MA 2008 (35 KB)  Comparativa AXUDAS MA 07-08 (33 KB)


No tocante ás políticas ambientais, a lexislatura que toca ao seu fin foi en grande medida oportunidade perdida para facer as cousas doutro xeito. Nestes momentos de crise ecolóxica global e na que se están a tramitar políticas chave para a consecución ou non dunha Galiza ecoloxicamente sustentábel, a falta de diálogo da Consellería de Medio Ambiente coas organizacións ecoloxistas resulta certamente inaceptabel. Un claro exemplo desta atitude irresponsábel témolo no conselleiro Manuel Vázquez.

O último capítulo desta estratexia de Manuel Vázquez contra o movimento ecoloxista ten a ver coa convocatoria de subvencións da Consellaría de Medio Ambiente ás asociacións ambientais, unha convocatoria na que deliberadamente se modifican as bases fronte aos criterios utilizados en convocatorias anteriores, co único obxectivo de favorecer a organizacións de recente creación e de descoñecida actividade. Resulta sorprendente neste senso, que unha federación recien nascida reciba máis do 55% do conxunto total das subvencións (máis de 600.000 € en dous anos).

A Xunta de Galiza e a súa Consellaría de Medio Ambiente, deberían estar á altura das circunstancias e pór a sustentabilidade ambiental e a xustiza social no centro das súas políticas; potenciar o diálogo coas organizacións ambientais e estimular a participación cidadá. Este escandaloso intento de construir un movimento ecoloxista ao gosto da Consellaría de Medio Ambiente que dea os seus parabéns a todo o que esta faga e mesmo reste presenza social ás entidades máis “incómodas”, lembra ás políticas autoritarias e clientelares do pasado.

As organizacións asinantes queremos lembrar ao Sr. Manuel Vázquez que silenciar voces críticas, ignorar movimentos sociais e criar interlocutores a medida, privilexándoos con inxentes cantidades de cartos públicos, non vai facer desaparecer os problemas ambientais e sociais; ao contrario: tornaráos máis graves e difíceis de solucionar.


  

CEMMA ERVA


 
  Acceso
Nome

Contrasinal


  Ligazóns relacionadas
· Máis acerca de Xeral


Noticia máis lída sobre Xeral:
Galicia non se vende pide a dimisión do Conselleiro de Medio Ambiente


  Opcións

 Versión para imprimir Versión para imprimir


                  
PHP-Nuke Copyright © 2005 by Francisco Burzi. This is free software, and you may redistribute it under the GPL. PHP-Nuke comes with absolutely no warranty, for details, see the license.
Page Generation: 0.04 Seconds
Páxina web subvencionada pola