A FEG
¿Quen é a FEG?
Lista de asociados
Historia da FEG
I Encontro Ecoloxista

  Temas
Atmósfera
Biodiversidade e Espazos Naturais
Ecoloxía e Sustentabilidade
Enerxía
Medio Fluvial
Medio Mariño
Montes e Agricultura
Planificación Territorial e Transporte
Resíduos
Xeral

  Artigos e Reportaxes

Campañas

  Boletíns


 Denuncia: Verdegaia denuncia a súa exclusión do Consello Municipal de Medio Ambiente de Santiago

Ecoloxía e Sustentabilidade
Acusa de sectarismo á concelleira Elvira Cienfuegos

A asociación ecoloxista Verdegaia denuncia a súa exclusión inxustificada do Consello Municipal de Medio Ambiente por parte da Concellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, á fronte da cal está a concelleira Elvira Cienfuegos. O Concello non informou a Verdegaia do proceso de renovación dos membros deste Consello, que tivo lugar no último trimestre do ano pasado, polo que non tivo a oportunidade de participar na escolla dos tres representantes dos grupos ecoloxistas de Santiago que forman parte do Consello. Consideramos sectaria e antidemocrática a actitude de desprezo cara a Verdegaia amosada pola concelleira Elvira Cienfuegos.


Verdegaia dirixiu dous escritos ao Concello, destinados á concelleira de medio ambiente e ao alcalde, en relación co Consello Municipal de Medio Ambiente, sen recibir ningunha resposta, como ten acontecido até agora con todos os demais escritos dirixidos por Verdegaia ao goberno municipal. No último escrito, entregado o pasado 24 de Xaneiro no Rexistro municipal, Verdegaia pedía explicacións sobre as razóns da súa exclusión da última renovación do Consello Municipal de Medio Ambiente. Éste é o órgano consultivo e asesor en materia de medio ambiente do Concello, adscrito á Concellería de Medio Ambiente, no que están representadas, entre outras organizacións, sindicatos e asociacións veciñais e ecoloxistas.

Ao ser Verdegaia unha asociación legalmente constituída, de ámbito galego e que tamén desenvolve actividades de carácter local no concello de Santiago, cuxa existencia é sobradamente coñecida polo Concello -e, en particular, pola concelleira Elvira Cienfuegos-, non cremos xustificable que se teña ignorado desde o Concello a Verdegaia á hora de proceder á renovación do Consello Municipal de Medio Ambiente. Verdegaia non achou ningún requisito no Regulamento deste Consello Municipal que puidese xustificar a súa exclusión.

Verdegaia lamenta especialmente que a súa exclusión do Consello Municipal conleve ademais a imposibilidade de participar no proceso de elaboración da Axenda 21 Local, -o plano local para a sustentabilidade- que foi retomado en decembro pasado. A Concellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible tampouco respondeu á solicitude de Verdegaia para acceder á documentación necesaria para achegar suxestións para a  Axenda 21 local, en concreto, a correspondente aos diagnósticos realizados, a proposta de liñas estratéxicas a seguir para deseñar o "plano de acción" e o  modelo de ficha para rexistrar propostas de accións e proxectos para desenvolver e integrar no "plano de acción". A forma en que a Concellería de Medio Ambiente está a conducir este proceso, limitando a participación cidadá únicamente ao Consello Municipal, deixa en evidencia o seu compromiso coa participación social.

 


 
  Acceso
Nome

Contrasinal


  Ligazóns relacionadas
· Máis acerca de Ecoloxía e Sustentabilidade


Noticia máis lída sobre Ecoloxía e Sustentabilidade:
Nace a rede ''GALIZA NON SE VENDE''


  Opcións

 Versión para imprimir Versión para imprimir


                  
PHP-Nuke Copyright © 2005 by Francisco Burzi. This is free software, and you may redistribute it under the GPL. PHP-Nuke comes with absolutely no warranty, for details, see the license.
Page Generation: 0.14 Seconds
Páxina web subvencionada pola