A FEG
¿Quen é a FEG?
Lista de asociados
Historia da FEG
I Encontro Ecoloxista

  Temas
Atmósfera
Biodiversidade e Espazos Naturais
Ecoloxía e Sustentabilidade
Enerxía
Medio Fluvial
Medio Mariño
Montes e Agricultura
Planificación Territorial e Transporte
Resíduos
Xeral

  Artigos e Reportaxes

Campañas

  Boletíns


 Non da Xustiza á urbanización de Menancano, en Ferrol

Planificación Territorial e Transporte
A Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia pronunciou-se ditando Sentenza, a favor da veciñanza de Menáncaro, estimando o seu Recurso contra o vergoñento Acordo Plenario do Concello de Ferrol do 20 de Abril de 2007, no que se aprobou "definitivamente" o Plano de Sectorialización de Menáncaro, anulando deste xeito o ilegal acto administrativo por ser contrario a dereito.
  


Ler máis... | Data 2009-12-11 19:51:30

 Convocatorias: POR UN NADAL MÁIS VERDE: CADERNO PARA SUPERAR AS FESTAS DO CONSUMISMO

Xeral
Dende hai anos, ADEGA vén desenvolvendo campañas relacionadas con diversos aspectos do Nadal: “Neste Nadal... os meus agasallos sen pilas” ou a “Carta das raíñas magas” foron algunhas das iniciativas que invitaban a reflexionar sobre a importancia da contención no consumo no Nadal. Con este caderno queremos achegar aos Fogares Verdes unha lectura reflexiva nestas datas nas que o consumismo parece convertirse na motivación principal das celebracións. Xuntanzas para celebrar unhas festas nas que os curtos días convidan a longas ceas e xantares, nas que se intercambiar agasallos e onde a solidariedade e a paz parecen estar presentes. Porén, as cegadoras luces destas celebracións (que ben poderían chamarse as festas do consumismo) impidennos ver o seu alto custo ambiental, económico e social. Baixa o caderno nadal verde.pdf NADAL VERDE (2.8 MB)
 


Ler máis... | Convocatorias | Data 2009-12-11 19:35:36

 Convocatorias: Charla Sobre O Cambio Climático

Atmósfera
Co motivo da celebración o próximo sábado día 12 do DÍA MUNDIAL DO CAMBIO CLIMÁTICO, a Asociación Pola Defensa da Ría (APDR) ten convocado unha charla coloquio para MAÑÁN XOVES DÍA 10 ÁS 20:30 HORAS no salón da Galería Sargadelos, na rúa Oliva.
 


Ler máis... | Convocatorias | Data 2009-12-09 21:53:39

 E despois de Copenhagen, que? Galiza e España nunca cumpriron con Kioto...

Atmósfera
O cumio do clima de Copenhagen semella ser a última oportunidade para que os estados reaxan contra o cambio climático e tomen medidas efectivas. Todas as alarmas están acesas: ou actúase xa, ou enfrontámonos a consecuencias imposíbeis de revertir. Un aumento de 2ºC na temperatura media suporía, segundo moitos estudos, un ponto de non retorno cara unha catástrofe climática. Mais un acordo global, por ambicioso que sexa, tampouco garante nada: os cativos compromisos do Protocolo de Quioto foron reiteradamente incumpridos por moitos países, con España á cabeza na UE. E en Galiza, as emisións por habitante son as máis altas do estado, grazas a ENDESA, FENOSA, ALCOA, REPSOL, FERROATLÁNTICA... Máis aló das palabras, que propostas fan os nosos gobernantes? Máis carbón e coches, propón Zapatero; máis asfalto e incineración prepara Feijóo. Non será que para mudar o clima, antes haberá que pensar en mudar o modelo económico?
 


Ler máis... | Data 2009-12-09 21:45:48

 As emisións de co2 procedentes de combustibles fósiles aumentaron o 24,8% en Galicia entre 1990 e 2007

Atmósfera
As emisións galegas por habitante superan as europeas

As emisións de dióxido de carbono (CO2) procedentes de combustibles fósiles (carbón, petróleo, gas natural) aumentaron en Galicia o 24,8% en 2007 a respecto de 1990, o ano de referencia para o Protocolo de Quioto. Pola contra, os estados desenvolvidos que ratificaron este protocolo  diminuíron as emisións no un 9,4% por termo medio durante o mesmo período. As nosas emisións por habitante de CO2 debidas á queima de combustibles fósiles son superiores ás emisións medias da UE.
 


Ler máis... | Data 2009-12-09 21:42:00

  Axenda
Non hai Eventos hoxe
Decembro 2009
  1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
.

  Acceso
Nome

Contrasinal


  Novas anteriores
09/12/2009
· Nova chafallada acuícola: a Xunta
· Pedalada contra o Cambio climático
03/12/2009
· Luita Verde presenta alegacións ácanteira granitos aldan Beluso (Bueu)
27/11/2009
· OS ATAQUES DE LOBO AFÉCTANLLE A MENOS DO 0,092% DO GANDO EN GALICIA
· Amigos da Terra e a Federación Ecoloxista Galega solicitan un compromiso político e social para a redución da xeración de residuos
· LEI EÓLICA: NOVAS FORMAS, VELLOS ERROS
· As humanizacións do centro de Vigo, “deshumanizan” Candeán
26/11/2009
· LIMPEZA DA PRESA DO MUIÑO DO TOXAL
25/11/2009
· A piscifatoría de Touriñán é incompatible coa conservación de hábitats e especies protexidas
24/11/2009
· Verdegaia denuncia un verquido no amial da Carrasqueira, Vigo

Arquivo de Noticias


                  
PHP-Nuke Copyright © 2005 by Francisco Burzi. This is free software, and you may redistribute it under the GPL. PHP-Nuke comes with absolutely no warranty, for details, see the license.
Page Generation: 0.68 Seconds
Páxina web subvencionada pola