A FEG
¿Quen é a FEG?
Lista de asociados
Historia da FEG
I Encontro Ecoloxista

  Temas
Atmósfera
Biodiversidade e Espazos Naturais
Ecoloxía e Sustentabilidade
Enerxía
Medio Fluvial
Medio Mariño
Montes e Agricultura
Planificación Territorial e Transporte
Resíduos
Xeral

  Artigos e Reportaxes

Campañas

  Boletíns


R de redución. Menos Lixo e mellor




  
Con estas Xornadas queremos debater e falar encol da Redución, o primeiro dos 3 R, e que, aínda que aparece en todas as leis e plans de xestión de residuos, remata por ser a esquecida.


Contaremos con poñencias mais teóricas, onde falaremos sobre a ética da redución, o efecto da publicidade sobre o consumismo e a xeración de residuos, o traballo que se ten feito (ou non) sobre redución desde a educación ambiental, aspectos económicos...

 Completaremos este apartado cunhas comunicacións sobre experiencias ou iniciativas na redución, nas que participará unha representante da Fundació Catalana per a la Prevenció dels Residus i el Consum e tamén representantes de diversos colectivos e administracións de Galiza. Fica pendente a confirmación dalgún colectivo de Portugal.

 Agardamos que estas xornadas sexan do voso interese e animámosvos a que reenviedes esta información a calquer persoa ou colectivo que pensedes que poida estar interesado nas mesmas.

Programa

 Venres 7 de novembro
11.00 a 12.30h. “A reducción: unha opción responsable coa terra” (Alexandre Cendón, FEG)


12.30 a 14.00h. “Publicidade, consumismo e Redución de residuos” (Rodrigo Fernandez, Consume hasta morir)


16.30 a 18.00h. “A Educación Ambiental e a Redución” (SGEA- Sociedade Galega de Educación Ambiental)


18.00 a 19.30h. “Iniciativas cara a redución en Portugal” (Pendente de confirmar laguen da plataforma Convergir)




 Sábado 8 de novembro
11.00 a 12:30h. “Análise económica da polución ambiental”
(Ramón Lôpez-Suevos USC)


12.30 a 14:00h. “Iniciativas cara a redución: Fundació Catalana per la prevenció dels Resus i el consum” (Anna Peña, da propia Fundació)


16:30 a 19:30h. “Experiencias-iniciativas cara a redución en Galiza.
“Listas Robinson”
(Ramses Pérez, ADEGA)
“Iniciativa Galiza Comercio Verde” (Dir. Xeral de Comercio)
“Estudio de actitudes cara a redución” (María Durán, Amigos da Terra)
“A campaña europea pola redución” (ACR+)(Javier Ramírez Nuñez- Concello da Coruña)
“A experiencia dos mercaditos de troco” (Verdegaia)



Para inscribirse abonda con enviar un correo electrónico a: feg@federacionecoloxista.org facendo constar os datos personais e un número de contacto.

Hai unha cuota de inscripción de 5€ para socias/os das grupos da feg, e de 10€ para os resto de asistentes, a ingresar na conta da feg (caixa nova) 2080 0492 69 0040104336 ate o día de inicio das xornadas. Importante. ao facer o ingreso fai constar o teu nome e o concepto "Xornadas de redución"









 

Copyright © Federación Ecoloxista Galega

2008-10-21

[ Voltar ]

                  
PHP-Nuke Copyright © 2005 by Francisco Burzi. This is free software, and you may redistribute it under the GPL. PHP-Nuke comes with absolutely no warranty, for details, see the license.
Page Generation: 0.03 Seconds
Páxina web subvencionada pola