A FEG
¿Quen é a FEG?
Lista de asociados
Historia da FEG
I Encontro Ecoloxista

  Temas
Atmósfera
Biodiversidade e Espazos Naturais
Ecoloxía e Sustentabilidade
Enerxía
Medio Fluvial
Medio Mariño
Montes e Agricultura
Planificación Territorial e Transporte
Resíduos
Xeral

  Artigos e Reportaxes

Campañas

  Boletíns


I Encontro Ecoloxista
e a Educación Ambiental



O Ecoloxismo, como movemento social, e a Educación Ambiental, como práctica educativa, comparten en boa medida orixe, traxectoria e obxectivos; tal é así que dende os anos setenta, os grupos ecoloxistas veñen desenvolvendo na nosa comunidade unha importante labor de información e divulgación ambiental, converténdose nuns dos actores máis relevantes na promoción da Educación Ambiental na Galiza.


Neste marco, nos últimos anos asistimos a varios acontecementos que están a provocar unha mudanza das formas de funcionar e de actuar dos grupos e tamén da súa forma de educar.


Atendendo a estes acontecementos, dende a Federación Ecoloxista Galega (FEG) e a Sociedade Galega de Educación Ambiental (SGEA) queremos contribuír a reforzar o papel do movemento ecoloxista e a súa relevancia na promoción da Educación Ambiental convocando o I ENCONTRO ECOLOXISTA, que terá lugar o vindeiro 7 de marzo en Santiago de Compostela, no Museo do Pobo Galego (San Domingos de Bonaval).


Que quere ser o I Encontro Ecoloxista?
Os grupos e asociacións ecoloxistas levan desenvolvendo numerosas iniciativas en Educación Ambiental, elaborando recursos e materiais dun importante valor educativo. Porén, son escasos os foros nos que os colectivos teñen ocasión de expoñer e compartir conxuntamente a súa experiencia. É por este motivo polo que o primeiro, e quizais máis importante obxectivo deste I Encontro Ecoloxista, é o de servir de punto de encontro entre os grupos para contribuír así á posta en común de experiencias e recursos. Ademais, queremos facer tamén deste encontro un espazo para o debate no que analizar os puntos fortes e febles do movemento ecoloxista en xeral, e a súa relación coa Educación Ambiental, en particular.


Que queremos facer no I Encontro Ecoloxista?
O primeiro, como dicíamos, poñer en común as experiencias e os recursos educativoambientais empregados polas asociacións ecoloxistas nos últimos anos.


Ademais, gustaríanos traballar na elaboración dun Plan de Acción para a Educación Ambiental dos grupos ecoloxistas.


Durante o ano 2007, a SGEA desenvolveu un traballo de análise diagnóstico da situación da Educación Ambiental en Galicia, no marco dun convenio de colaboración coa Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible; neste traballo recompilouse información relativa ás iniciativas de Educación Ambiental desenvolvidas polos os grupos ecoloxistas en Galicia. Esta información será exposta e analizada colectivamente no Encontro, servindo de base para a elaboración deste Plan de Acción.


Que é o que teñen que facer os grupos participantes?
De partida, inscribirse... (a través do correo: feg@federacionecoloxista.org).
En segundo lugar, co fin de facilitar as dinámicas participativas que terán lugar no transcurso do Encontro, cada colectivo terá que facer un pouco de memoria e cubrir a ficha que axuntamos a este convite. Ademais, tamén para facilitar o traballo, teredes a vosa disposición na páxina web da SGEA (www.sgea.org/fenix/) un resumo do diagnóstico elaborado sobre a situación da Educación Ambiental dos grupos ecoloxistas.


E finalmente, traer os recursos e materiais que consideredes máis interesantes e representativas da Educación Ambiental que desenvolvedes.

Horario  Actividade Descrición
 10:00– 10:30 
Presentación do Encontro
 
Presentación do Encontro e os seus obxectivos a cargo dos/as representantes da FEG e a SGEA
 10:30– 13:00 
Teatro – Foro
 
Empregando un mural cunha liña temporal na que xa marcaremos algúns fitos na relación entre o movemento ecoloxista e a Educación Ambiental, os grupos, coa axuda do dinamizador, irán expoñendo a súa historia, recursos e iniciativas en Educación Ambiental
 13:00–
14:00

 
Exposición dos resultados do Proxecto Fénix

 Presentación do análise diagnóstico da situación da Educación Ambiental nos grupos ecoloxistas galegos.
 14:00 –
16:00
 
Xantar
 
Xantar colectivo para os/as participantes (o custo correrá a cargo da organización)

 16:00 –
17:00
 
Dinámica participativa 1:
definición de necesidades
 Os/as participantes porán en común as necesidades identificadas nos seus colectivos en particular e no movemento ecoloxista en xeral.
 17:00 –
18:30
 
Dinámica participativa 2: elaboración de liñas de acción
 Os/as participantes elaborarán liñas de acción externas e internas para a Educación Ambiental dos grupos ecoloxistas, para despois priolizalas.
 18:30 –
19:00
 
Descanso / café
 
 19:00 –
20:00
Presentación de resultados e clausura das xornadas
 Posta en común do traballo desenvolvido nas dinámicas participativas e avaliación do Encontro.

Para calquera dúbida ou consulta que desexedes facer, estamos á vosa disposición en:
Federación Ecoloxista Galega
Quiroga Palacios 8, baixo Santiago de Compostela
981575444
feg@federacionecoloxista.org

 
Sociedade Galega de Educación Ambiental
Travesía de García Prieto, 43, baixo. 15706 Santiago de Compostela
981 523 556 / 618 868 612
 sgea@sgea.org



 


 









Copyright © Federación Ecoloxista Galega

2009-02-18

[ Voltar ]

                  
PHP-Nuke Copyright © 2005 by Francisco Burzi. This is free software, and you may redistribute it under the GPL. PHP-Nuke comes with absolutely no warranty, for details, see the license.
Page Generation: 0.05 Seconds
Páxina web subvencionada pola