A FEG
¿Quen é a FEG?
Lista de asociados
Historia da FEG
I Encontro Ecoloxista

  Temas
Atmósfera
Biodiversidade e Espazos Naturais
Ecoloxía e Sustentabilidade
Enerxía
Medio Fluvial
Medio Mariño
Montes e Agricultura
Planificación Territorial e Transporte
Resíduos
Xeral

  Artigos e Reportaxes

Campañas

  Boletíns


¿Quen é a FEG?





 A Federación Ecoloxista Galega (FEG) é a principal federación ecoloxista de ámbito galego, actualmente formada por 16 asociacións, a maioría das asociacións ecoloxistas activas de Galicia, case todas de de ámbito local ou comarcal.


  Un dos obxectivos da FEG é debater, pór en común e desenvolver tanto pronunciamentos públicos como campañas sobre os principais temas ambientais nos que estean interesados varios grupos. Tamén pretende apoiar, na medida das súas posibilidades, o traballo das asociacións membros, así como favorecer a súa consolidación organizativa.

 A FEG evita asumir o papel que corresponde ás asociacións ou coordinadoras locais e comarcais (ou ás delegacións locais de asociacións de ámbito galego federadas).

A FEG é unha organización democrática e independente das administracións, de empresas e de forzas políticas. A FEG colabora con outras organizacións ecoloxistas de fóra de Galicia e está integrada na Plataforma Ecoloxista Luso-Galaica.



   A FEG apoia o labor das asociacións que a integran, elabora propostas para a solución dos problemas ambientais, denuncia agresións ao ambiente, promove actividades reivindicativas e de información e educación ambiental, participa en órganos consultivos das administracións e edita publicacións.















Copyright © Federación Ecoloxista Galega

2007-10-10

[ Voltar ]

                  
PHP-Nuke Copyright © 2005 by Francisco Burzi. This is free software, and you may redistribute it under the GPL. PHP-Nuke comes with absolutely no warranty, for details, see the license.
Page Generation: 0.03 Seconds
Páxina web subvencionada pola