A FEG
¿Quen é a FEG?
Lista de asociados
Historia da FEG
I Encontro Ecoloxista

  Temas
Atmósfera
Biodiversidade e Espazos Naturais
Ecoloxía e Sustentabilidade
Enerxía
Medio Fluvial
Medio Mariño
Montes e Agricultura
Planificación Territorial e Transporte
Resíduos
Xeral

  Artigos e Reportaxes

Campañas

  Boletíns


Benvid@s

As asociacións ecoloxistas galegas desenvolven dende hai máis de dúas décadas un importante labor de concienciación ambiental da sociedade civil e de presión sobre as Administracións en defensa do medio ambiente do que depende o noso benestar e a nosa sobrevivencia. A FEDERACIÓN ECOLOXISTA GALEGA (FEG) naceu para coordinar os esforzos das asociacións ecoloxistas do noso país. 

Avogamos por un modelo de desenvolvemento ecoloxicamente sustentábel e socialmente xusto, capaz de garantir as necesidades básicas de tódolos habitantes do noso planeta sen destruír o ambiente. Galicia é o noso ámbito de actuación e a nosa prioridade. Dende Galicia tamén contribuímos á defensa do medio ambiente global.



 Domingo 5 de febreiro, roteiro pola defensa dos montes do Morrazo

Biodiversidade e Espazos Naturais

O vindeiro domingo 5 de febreiro a Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo organiza un roteiro polo espazo afectado polo proxecto de parque eólico que a Xunta pretende instalar no Morrazo. O roteiro que sairá ás 10:30h desde o parque forestal de Chan de Arquiña terá un percorrido circular duns 7 kilometros que pasará por Chan de Xestoso, Coto do Home, Chan de Pedras Negras, Chan de Goa, Outeiro da Charamiza e pasando outra vez por Chan de Goa chegará de novo a Chan de Arquiña. O percorrido que discurrirá por pistas forestais é de dificultade baixa e conta cunhas amplas vistas panorámicas sobre as rías de galegas.



Ler máis... | Data 2012-02-03 17:52:18

 A Natureza deixa en evidencia a incompetencia da Xunta na Frouxeira

Medio Mariño
Os recentes feitos acontecidos na lagoa da Frouxeira, que esta mañán desaugábase de xeito espontáneo pola acción do océano mentres a Xunta construía con maquinaria pesada unha canle artificial xusto no lado oposto ao punto de desaugue, reflicten perfectamente á actuación da administración neste caso: Improvisación, incompetencia, a chafallada como norma, ocultación de información, falta de respecto polas leis e o Parlamento...  Nas vésperas do Día Mundial dos Humidais (2 de febreiro), a Xunta está a ofrecer ao mundo un pésimo exemplo de xestión destes sensibles ecosistemas e retrátase como o principal factor para a degradación dos nosos humidais. Así as cousas, e como xa reclamara a 36 Asemblea de ADEGA hai unhas semanas, Feijóo debería considerar a supresión da Dirección Xeral de Conservación e o cese dos seus responsábeis: cando menos as desfeitas que provoquen non se pagarán con cartos públicos.
.


Ler máis... | Data 2012-01-30 21:21:47

 Resultados de Coruñaves 2012 (III maratón ornitolóxica no municipio da Coruña)

Ecoloxía e Sustentabilidade
O pasado domingo día 8 de xaneiro de 2012 celebrouse a terceira edición da maratón ornitolóxica do municipio da Coruña, organizada polo Grupo Naturalista Hábitat co apoio de Foto Artús. Esta maratón, bautizada este ano como Coruñaves 2012, tivo como principal obxectivo observar o maior número de especies de aves dentro do concello herculino ao longo dunha mañá en grupos de 2 ou 3 observadores.
.


Ler máis... | Data 2012-01-25 12:18:41

 ADEGA celebra o Día Mundial da Educación Ambiental facendo Educación Ambiental... todo un logro!

Ecoloxía e Sustentabilidade
Os máis de 35 anos de actividade de ADEGA van parellos aos da historia da Educación Ambiental (EA), que iniciouu a súa andaina aló por 1972 coa Declaración de Estocolmo. Foi por esas datas cando decidiuse nomear o 26 de xaneiro como Día Mundial da Educación Ambiental, nun esforzo da comunidade internacional para a preservación e conservación do  Planeta. Porén, como sinala a SGEA, ese esforzo está en perigo porque a EA en Galiza está a vivir un alarmante retroceso: Brutal recorte de actividades e recursos; peche e infrautilización de equipamentos públicos; perda de peso da EA no sistema educativo; despedimentos na administración pública e desaparición de empresas; desbaldimento de recursos e falta de coordenación entre administracións... Por iso, no Día Mundial da Educación Ambiental ADEGA propón afortalar mais ca nunca, fronte á inacción da Xunta, o papel dos colectivos sociais na difusión da EA.
.


Ler máis... | Data 2012-01-25 12:11:41

 Proliferación de proxectos de explotación mineira de granito na conca alta do río Tea

Biodiversidade e Espazos Naturais

Tódolos proxectos de explotación e investigación mineira (Lebres, Castelo e Longo) son promovidos por David Fernández Grande, INVESTROC S.L., e afectan aos concellos de Carballeda de Avia, Covelo, Fornelos de Montes e Melón, nas serras do Faro de Avión e do Suído, na bacía alta do espazo da rede Natura 2000 e Lugar de Interese Comunitario, Río Tea.



Ler máis... | Data 2012-01-25 12:07:11

 Este 2 de febreiro, voltamos a mollarnos polos humidais

Biodiversidade e Espazos Naturais
O día 2 de febreiro comemórase a data na que se adoptou a convención sobre os humidais en 1971. O tratado dos humidais ou convención Ramsar, é un acordo intergobernamental que serve para a acción nacional e a cooperación internacional en pro da conservación e o uso racional dos humidais e os seus recursos. Os ecosistemas húmidos forman parte da nosa riqueza natural e grazas aos humidais todos os anos recibimos servizos por valor de millóns de euros (de xeito totalmente gratuíto). Os humidais contribúen á nosa saúde e benestar, controlando inundacións e repoñendo os nosos acuíferos. Estes ecosistemas estabilizan costas e protexen ás cidades e vilas contra as treboadas, reteñen e exportan sedimentos e nutrientes, depuran auga e son uns grandes reservorios de biodiversidade. Este 2 de febreiro, móllate polos humidais con ADEGA!


Ler máis... | Data 2012-01-23 12:59:30

 A minicentral do Cerves é ilegal: denunciamos ante a Fiscalía

Medio Fluvial
Logo de estudar o novo proxecto para a repotenciación da minicentral hidroeléctrica do río Cerves, sita nos concellos de Melón e Ribadavia, onde enviamos as nosas consideracións para que toda a minicentral fose sometida o pertinente estudo de avaliación de impacto ambiental (algo que nunca se fixo en toda a vida desta instalación) trala súa petición de repotenciación (chuchar máis auga do río para producir máis electricidade), chegamos a conclusión de que a concesión de licencias de obra para este proxecto, dadas a finais dos 90, presenta demasiados claroscuros.


Ler máis... | Data 2012-01-19 00:57:30

 Domingo 22 de xaneiro. Roteiro ao Pico Sacro

Biodiversidade e Espazos Naturais
Este domingo 22 de xaneiro temos un novo roteiro dentro do programa "Vai de Roteiros", no que nos achegaremos ao Pico Sacro. A saída será ás 9:30 dende a Estación de Autobuses de Santiago de Compostela (entrada superior); dende alí colleremos o autobús de liña ate Lestedo, onde comeza a ruta (dende o cruceiro, sobre as 11:00 h.). O roteiro ascenderá ate o alto do Pico Sacro, facendo paradas nos puntos que polo, seu interese paisaxístico, xeomorfolóxico e/ou histórico teñan unha maior relevancia. Para coñecer máis deste espazo, as súas características e lendas, contaremos cun xeógrafo persoa experta en paisaxe, alén das achegas que poidan/queiran facer os asistentes; así mesmo, visitarase o centro de interpretación do Pico Sacro, xestionado polo concello de Boqueixón. Faremos paradas explicativas sobre paisaxe e impactos na comarca.


Ler máis... | Data 2012-01-16 21:29:35

 A Xunta suspende a tramitación da canteira de Gargamala

Montes e Agricultura
O Grupo Ecoloxista ADENCO, que presentou en forma e prazo alegacións á intención de expropiar o monte comunal de Gargamala para facer unha canteira, recibiu comunicación da Xefatura Territorial da Xunta pola que se suspendeu a tramitación do expediente iniciado anteriormente. Ante esta situación, facendo propios os argumentos da resolución da xunta, onde se indica que hai patrimonio cultural protexido, que hai terceiros interesados nos que debería primar o interese colectivo, como son as comunidades de montes en man común e que hai outros interesados no procedemento, como a propia Xunta, ao existir monte conveniado, ADENCO solicita que se denegue definitivamente a solicitude presentada.


Ler máis... | Data 2012-01-16 21:23:02

 Cabalos con pexas, cadeas e cordas, nos montes do Morrazo

Montes e Agricultura
Malia as denuncias feitas nos últimos anos por colectivos ecoloxistas, pro dereito dos animais e persoas a nivel particular aínda persiste a práctica das pexas nas patas de cabalos asilvestrados en réxime de gandeiría extensiva. No espazo natural dos Montes do Morrazo esta práctica de tortura animal que os propietarios dos cabalos utilizan para controlar a mobilidade do animal e obstaculizar así os seus movementos, segue a verse sen dificultades en Chan de Arquiña, Chan de Xestoso, Chan de Gagán, Chan de Pedras Negras ou no monte Pornedo...


Ler máis... | Data 2012-01-16 21:15:44

  Axenda
Non hai Eventos hoxe
Febreiro 2012
  1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
.

  Acceso
Nome

Contrasinal


  Novas anteriores
12/01/2012
· Incineración no Irixo, repercusións para a comarca do Ribeiro: charla en Ribadavia
· Retornan 3 vellas minicentrais nun espazo da Rede Natura recurtado pola Xunta do PP
· A Xunta deixa sen protección europea os montes do Morrazo
· Industria tramita unha explotación mineira en pleno parque natural, LIC e ZEPA da Enciña da Lastra
05/01/2012
· Presentación da campaña ''Escola sen Wifi''
· Que non che conten contos: descobre as mentiras da incineración
03/01/2012
· Manifestación no Irixo contra a instalación da Incineradora Sur
02/01/2012
· A Xunta convértese no principal escollo para o desenvolvemento sostible
· Informe sobre o estado dos ríos galegos 2011
· Anegamentos na lagoa de A Frouxeira

Arquivo de Noticias


                  
PHP-Nuke Copyright © 2005 by Francisco Burzi. This is free software, and you may redistribute it under the GPL. PHP-Nuke comes with absolutely no warranty, for details, see the license.
Page Generation: 0.10 Seconds
Páxina web subvencionada pola