|
As asociacións ecoloxistas
galegas desenvolven dende hai máis de dúas décadas un importante labor de
concienciación ambiental da sociedade civil e de presión sobre as
Administracións en defensa do medio ambiente do que depende o noso benestar e a
nosa sobrevivencia. A FEDERACIÓN ECOLOXISTA GALEGA (FEG) naceu para coordinar
os esforzos das asociacións ecoloxistas do noso país.
Avogamos por un modelo de desenvolvemento ecoloxicamente sustentábel e socialmente
xusto, capaz de garantir as necesidades básicas de tódolos habitantes do noso
planeta sen destruír o ambiente. Galicia é o noso ámbito de actuación e a nosa
prioridade. Dende Galicia tamén contribuímos á defensa do medio ambiente global.
| |
|
|
|
|
|
Resultados de Coruñaves 2012 (III maratón ornitolóxica no municipio da Coruña)
 O pasado domingo día 8 de xaneiro de 2012 celebrouse a terceira edición
da maratón ornitolóxica do municipio da Coruña, organizada polo Grupo
Naturalista Hábitat co apoio de Foto Artús. Esta maratón, bautizada este
ano como Coruñaves 2012, tivo como principal obxectivo observar o maior
número de especies de aves dentro do concello herculino ao longo dunha
mañá en grupos de 2 ou 3 observadores. .
| | |
|
|
Ler máis... | Data 2012-01-25 12:18:41 | |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
ADEGA celebra o Día Mundial da Educación Ambiental facendo Educación Ambiental... todo un logro!
 Os máis de 35 anos de actividade de ADEGA van parellos aos da historia
da Educación Ambiental (EA), que iniciouu a súa andaina aló por 1972 coa
Declaración de Estocolmo. Foi por esas datas cando decidiuse nomear o
26 de xaneiro como Día Mundial da Educación Ambiental, nun esforzo da comunidade internacional para a preservación e conservación do Planeta. Porén, como sinala a SGEA, ese esforzo está en perigo porque a EA en Galiza está a vivir un alarmante retroceso:
Brutal recorte de actividades e recursos; peche e infrautilización de
equipamentos públicos; perda de peso da EA no sistema educativo;
despedimentos na administración pública e desaparición de empresas;
desbaldimento de recursos e falta de coordenación entre
administracións... Por iso, no Día Mundial da Educación Ambiental ADEGA
propón afortalar mais ca nunca, fronte á inacción da Xunta, o papel dos
colectivos sociais na difusión da EA. .
| | |
|
|
Ler máis... | Data 2012-01-25 12:11:41 | |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Proliferación de proxectos de explotación mineira de granito na conca alta do río Tea
Tódolos proxectos de explotación e investigación mineira (Lebres,
Castelo e Longo) son promovidos por David Fernández Grande, INVESTROC S.L., e
afectan aos concellos de Carballeda de Avia, Covelo, Fornelos de Montes e
Melón, nas serras do Faro de Avión e do Suído, na bacía alta do espazo da rede
Natura 2000 e Lugar de Interese Comunitario, Río Tea.
| | |
|
|
Ler máis... | Data 2012-01-25 12:07:11 | |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Este 2 de febreiro, voltamos a mollarnos polos humidais
 O día 2 de febreiro comemórase a data na que se adoptou a convención sobre os humidais en 1971. O tratado dos humidais ou convención Ramsar,
é un acordo intergobernamental que serve para a acción nacional e a
cooperación internacional en pro da conservación e o uso racional dos
humidais e os seus recursos. Os ecosistemas húmidos forman parte da
nosa riqueza natural e grazas aos humidais todos os anos recibimos
servizos por valor de millóns de euros (de xeito totalmente gratuíto).
Os humidais contribúen á nosa saúde e benestar, controlando inundacións
e repoñendo os nosos acuíferos. Estes ecosistemas estabilizan costas e
protexen ás cidades e vilas contra as treboadas, reteñen e exportan
sedimentos e nutrientes, depuran auga e son uns grandes reservorios de
biodiversidade. Este 2 de febreiro, móllate polos humidais con ADEGA!
| | |
|
|
Ler máis... | Data 2012-01-23 12:59:30 | |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
A minicentral do Cerves é ilegal: denunciamos ante a Fiscalía
 Logo de estudar o novo proxecto para a repotenciación da minicentral hidroeléctrica do río Cerves, sita nos concellos de Melón e Ribadavia, onde enviamos as nosas consideracións para que toda a minicentral fose sometida o pertinente estudo de avaliación de impacto ambiental (algo que nunca se fixo en toda a vida desta instalación) trala súa petición de repotenciación (chuchar máis auga do río para producir máis electricidade), chegamos a conclusión de que a concesión de licencias de obra para este proxecto, dadas a finais dos 90, presenta demasiados claroscuros.
| | |
|
|
Ler máis... | Data 2012-01-19 00:57:30 | |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Domingo 22 de xaneiro. Roteiro ao Pico Sacro
 Este domingo 22 de xaneiro temos un novo roteiro dentro do programa "Vai
de Roteiros", no que nos achegaremos ao Pico Sacro. A saída será ás
9:30 dende a Estación de Autobuses de Santiago de Compostela (entrada
superior); dende alí colleremos o autobús de liña ate Lestedo, onde
comeza a ruta (dende o cruceiro, sobre as 11:00 h.).
O roteiro ascenderá ate o alto do Pico Sacro, facendo paradas nos puntos
que polo, seu interese paisaxístico, xeomorfolóxico e/ou histórico
teñan unha maior relevancia. Para coñecer máis deste espazo, as súas
características e lendas, contaremos cun xeógrafo persoa experta en
paisaxe, alén das achegas que poidan/queiran facer os asistentes; así
mesmo, visitarase o centro de interpretación do Pico Sacro, xestionado
polo concello de Boqueixón. Faremos paradas explicativas sobre paisaxe e
impactos na comarca.
| | |
|
|
Ler máis... | Data 2012-01-16 21:29:35 | |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
A Xunta suspende a tramitación da canteira de Gargamala
 O Grupo Ecoloxista ADENCO, que presentou en forma e prazo alegacións á intención de expropiar o monte comunal de Gargamala para facer unha canteira, recibiu comunicación da Xefatura Territorial da Xunta pola que se suspendeu a tramitación do expediente iniciado anteriormente. Ante esta situación, facendo propios os argumentos da resolución da xunta, onde se indica que hai patrimonio cultural protexido, que hai terceiros interesados nos que debería primar o interese colectivo, como son as comunidades de montes en man común e que hai outros interesados no procedemento, como a propia Xunta, ao existir monte conveniado, ADENCO solicita que se denegue definitivamente a solicitude presentada.
| | |
|
|
Ler máis... | Data 2012-01-16 21:23:02 | |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Cabalos con pexas, cadeas e cordas, nos montes do Morrazo
Malia as denuncias feitas nos últimos anos por
colectivos ecoloxistas, pro dereito dos animais e persoas a nivel particular
aínda persiste a práctica das pexas nas patas de cabalos asilvestrados en
réxime de gandeiría extensiva. No espazo natural dos Montes do Morrazo esta
práctica de tortura animal que os propietarios dos cabalos utilizan para
controlar a mobilidade do animal e obstaculizar así os seus movementos, segue a
verse sen dificultades en Chan de Arquiña, Chan de Xestoso, Chan de Gagán, Chan
de Pedras Negras ou no monte Pornedo...
| | |
|
|
Ler máis... | Data 2012-01-16 21:15:44 | |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Incineración no Irixo, repercusións para a comarca do Ribeiro: charla en Ribadavia
 A concienciación e a educación ambiental
da poboación son uns dos pilares de actuación da Asociación Ecoloxista
Coto do Frade. É neste marco onde debemos englobar as distintas
actuacións que esta asociación ven desenrolando dende os seus inicios.
Por elo, e para contrarrestar as
distintas mentiras que se están lanzando dende a administración sobre
este proxecto (non contaminante, mellor dende o punto de vista
enerxético, gran reciclaxe, postos de traballo…), este venres día 13, as 20:30 na casa da cultura de Ribadavia, teremos unha palestra sobre a macroplanta de xestión de residuos que se pretende instalar no veciño concello de O Irixo.
| | |
|
|
Ler máis... | Data 2012-01-12 12:52:42 | |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Retornan 3 vellas minicentrais nun espazo da Rede Natura recurtado pola Xunta do PP
 Coma nun pesadelo recurrente, acaban de resucitar 3 proxectos de minicentrais para o río Loio iniciadas en 2005. ADEGA tivo coñecemento delas en 2007, cando solicitamos á confederación hidrográfica
que se desestimaran os aproveitamentos "Loyo", "Suar" e "Higón" polo
seu impacto na bacía do Loio, un río prácticamente virxe e con especies
en perigo de extinción. Ao parecer, a actual situación resulta moi
favorábel para as empresas (inmobiliarias reconvertidas, fondos de
investidores e eólicas): Por unha banda, o plano hidrolóxico Miño-Sil,
ao contrario que o de Galiza-costa, non pecha a porta a novos
aproveitamentos hidroelectricos; por outra, a ampliación da Rede Natura
presentada en 2011 pola Xunta deixa fóra do novo LIC Miño-Neira (842 Ha)
a este río, que sí estaba incluido na proposta de 2008 do bipartito
(18210 Ha). Será casualidade ou máis ben causalidade?
| | |
|
|
Ler máis... | Data 2012-01-12 12:47:55 | |
|
|
|
|
|
|
Axenda
|
|
Non hai Eventos hoxe
|
|